Vacaciones en Santiago de Compostela  | Turismo en Santiago de Compostela | Guía Turística de Santiago de Compostela
  • Volver a SantiagoCompostela.info
  • Blog
  • Menú Blog

GALICIA FUTURA

5/1/2022

0 Comentarios

 
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
A EXPOSICIÓN ‘GALICIA FUTURA’ ENCARA A SÚA DERRADEIRA SEMANA POR RIBA DAS 35.000 VISITAS
 

—   A mostra, que pechará o vindeiro domingo no Museo Gaiás acada unha media diaria de arredor de 250  persoas.
—   A exposición poderá verse ao longo de 2022 noutras cidades de Galicia no marco dun programa de itinerancias que se dará a coñecer proximamente.
—   Comisariada por Miguel Ángel Cajigal e Deborah García Bello, inclúe preto de 20 pezas inéditas creadas por artistas como Marta Pazos, Oliver Laxe, Rubén Ramos Balsa, Estíbaliz Espinosa ou Vítor Mejuto

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2022.
​
A Cidade da Cultura de Galicia despide o vindeiro domingo 9 de xaneiro a exposición Galicia futura. Todo o que imos ser, que chega á súa derradeira semana no Museo Centro Gaiás superando as 35.000 visitas e cunha media diaria de arredor de 250. Ademais, un milleiro de escolares de Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP participaron no programa didáctico dunha mostra que supuxo a volta presencial das visitas educativas presenciais tras a pandemia, pese a que tamén se contou con oferta de visitas a través de videoconferencia para os centros que o solicitasen.
A mostra impulsada pola Xunta de Galicia, que aínda pode visitarse de balde todos os días desta semana con horario de 10,00 a 20,00 horas no primeiro andar do Museo, convida a un suxestivo percorrido que dialoga entre arte, ciencia, tecnoloxía e creatividade. A mostra tamén se achegará a outras cidades galegas ao longo de 2022, grazas a un programa de itinerancias (que se dará a coñecer proximamente) e que se enmarca no obxectivo estratéxico do Gaiás de converterse nunha factoría de contidos para outros centros culturais de Galicia, descentralizando a súa actividade.
Con Galicia futura a Consellería de Cultura, Educación e Universidade pecha a triloxía de grandes exposicións organizadas con motivo do Xacobeo, que comezou con Galicia, un relato no mundo e continuou con Galicia, de Nós a nós.

Un espazo de creación
A mostra quere transcender os límites físicos do propio museo e impulsar procesos artísticos propios. Así, exhibe unha vintena de pezas creadas especificamente para este proxecto por destacados nomes da plástica, as letras, o audiovisual, a ciencia, a escena, o deseño ou a música galega. Obras da dramaturga Marta Pazos, o cineasta Oliver Laxe, os artistas Rubén Ramos Balsa e Vítor Mejuto, o fotógrafo Damián Ucieda ou a poeta Estíbaliz Espinosa, entre outros moitos, contribúen á visión diversa e coral que tenta ofrecer a exposición.
A mostra está comisariada por Miguel Ángel Cajigal e Deborah García Bello, coñecidos nas plataformas dixitais como @elbarroquista e @deborahciencia, dous galegos que nos últimos anos se situaron entre os divulgadores máis dinámicos e recoñecibles no eido artístico e científico. Ademais, coa exposición como pano de fondo e conducido por Deborah García Bello, o encontro #Culturalike3 congregou tamén no Gaiás a seis recoñecidos divulgadores para falar de novos modelos de comunicación da cultura e a ciencia con nomes como a escritora Espido Freire, a historiadora Sara Rubayo, a bióloga e neurocientífica Tamara Pazos ou o químico e investigador Juan Manuel Bermúdez.
​
Imaxinando o porvir
Partindo da pregunta Como imaxinas ti a Galicia futura?, a exposición toma o pulso do presente para propoñer un percorrido por fitos e ideas innovadoras que están a marcar os vieiros do porvir da nosa comunidade en diferentes campos. Explora así un futuro desexado e posible, en base ao traballo que están a desenvolver a día de hoxe diferentes profesionais e grupos de vangarda e propóndose amosar o que se está a facer desde distintas áreas do coñecemento, facer visible como as conexións entre os diferentes campos do saber nos permiten comprender a súa progresión, e procurar as claves e estratexias que están a configurar o porvir de Galicia.Haz clic aquí para editar.
0 Comentarios



Deja una respuesta.

Información  Turística

Oficina de Turismo de Santiago de Compostela
Email: ​[email protected]
Teléfono: +34 881 866 397 / +34 881 866 398

Incluya su negocio

Añadir negocio Modificar negocio Eliminar negocio
Imagen

Publicidad

Dirección: Velázquez Moreno 9 Planta 7, oficina 16
36201 Vigo ( Pontevedra ) SPAIN
Email: [email protected]
Tlf: 986 71 47 95
Tarifas publicidad | Solicitar publicitarse
​
Descargar Revista Publicidad
 Catering Vigo | Catering Rías Baixas | Cursos Tablet | Cursos Online Bonificados  | Tarjeta Fidelity | Best Choice  |  Consola
© COPYRIGHT 2016. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS. Aviso legal · Política de privacidad · Política de Cookies · Condiciones generales
Imagen
  • Inicio
  • ORGANIZA TU VIAJE
    • Cómo llegar
    • Guía de establecimientos
  • Destinos
    • Deza - Tabeirós >
      • A Estrada
      • Agolada
      • Dozón
      • Forcarei
      • Lalín
      • Rodeiro
      • Silleda
      • Vila de Cruces
    • A Baña
    • Ames
    • Arzúa
    • Boimorto
    • Boqueixón
    • Brión
    • Cerceda
    • Curtis
    • Frades
    • Melide
    • Mesía
    • Negreira
    • Ordes
    • Oroso
    • O Pino
    • Padrón
    • Rois
    • Santa Comba
    • Santiago de Compostela
    • Santiso
    • Sobrado
    • Teo
    • Toques
    • Touro
    • Tordoia
    • Trazo
    • Val do Dubra
    • Vedra
    • Vilasantar
  • Conoce
    • Historia y leyendas
    • Gastronomía
    • Fiestas
  • Qué ver
    • Catedral de Santiago
    • Naturaleza
    • Patrimonio >
      • Monumentos
      • Museos
      • Miradores
  • Qué hacer
    • Actividades
    • Ocio
    • Compras
    • BIenestar
  • Servicios